Fallo do XI Certame Literario de relatos de aventuras "Avilés de Taramancos"

O día 27 de abril fallouse o XI Certame Literario de relatos de aventuras “Avilés de Taramancos”. Tiven a sorte de formar  parte dun xurado que constituíron o escritor Antonio Piñeiro, o poeta e artista plástico Baldo Ramos e mais quen isto escribe. Como xa é público acordamos outorgarllo ao orixinal titulado O sorriso de Hitler. Unha proposta que, aberta a plica, correspondeu á autoría de Xosé Alfredo Nan Fernández. Particularmente gustoume moito este texto, no que advirto unha gran pulsión narrativa e estou certo que pode servir de excelente carta de presentación para un autor que comeza. Parabéns.