Designación como "escritor do mes" (AELG)

No día de onte a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega comunicoume a designación como “escritor do mes”, neste maio tan significativo para o noso sistema literario. Síntome moi honrado por este recoñecemento e desde aquí, como é obrigado, o meu agradecemento a quen o fixo posible. Beizón.