Gústanme as películas inspiradas nas vidas das persoas que escribiron, malia que en ocasións desilusionen. Agardo que non sexa o caso de “Hemingway e Gelhorn“, unha fita protagonizada por Nicole Kidman e mais Clive Owen que dan vida á xornalista Martha Gellhorn e mais ao escritor norteamericano, quen compartiron vivencias xustamente no período da guerra civil española. Estrearase a fins do mes de maio e velaquí o tráiler promocional.