Olladas (cinematográficas)

Por volta de 2008 un blogue comezou a empregar o termo supercut para se referir a unha páxina de vídeo-montaxes que gozase dun asunto central e que se funden finalmente nun  clip.

      Na rede atopei este exemplo que, ao meu ver, é magnífico: céntrase na forza das olladas extraídas dun bo número de películas que veñen sendo, máis ou menos, as do cine que vimos ou que puidemos ver. Dura case cinco minutos mais recomendo chegar a piques do final -mágoa que non quedase aí- onde os ollos bagoentos de Giulietta Masina nas Noites de Cabiria sería a conclusión perfecta.