No Ateneo de Santiago con Celso Emilio Ferreiro (Novas CEF XXXVII)

O pasado 16 de xaneiro participei no ciclo de conferencias “Os luns do Ateneo“, que organiza a devadita entidade de Compostela. Desde o completo  web do Ateneo incorporaron a gravación da miña intervención e mais a dun posterior acto literario en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. Deixo aquí o vídeo e aproveito a ocasión para agradecer a atención que me dispensaron tanto o meu apreciado Salvador García-Bodaño coma os meus amigos Euloxio Ruibal e Pilar Sampedro.