Campaña da promoción da lectura en Denver, Colorado

O grupo Burning Through Pages, de Denver, Colorado, puxo en marcha unha interesante campaña promocional da lectura. Ademais doutras iniciativas distribuíron dous carteis dirixidos a pais e nais  e ao lectorado máis novo, presentando este último un lema que me gusta especialmente para definir o libro, isto é, unha máquina do tempo que existiu desde hai séculos. Velaquí (vía galleyCat)