Celso Emilio Ferreiro no blogue "Poesía solidaria" e a "Poesía del Opus Pus" (Novas CEF: XL)

Un amigo faime saber da existencia dun blogue denominado “Poesía solidaria“, subtitulado “1.028 poetas de 117 países del mundo e 410 temas de compromiso social” a cargo de dous responsables que son Fernando Sabido Sánchez e mais Ana Muela, quen confesan a súa vontade de dar a coñecer o que denominan a “poesía comprometida” que se escribiu ou escribe no mundo. O repositorio poético que até o de agora presentan é cuantitativa e cualitativamente relevante pois hai pezas realmente extraordinarias e paga a pena perderse tanto polos poemas incorporados como polas fichas bibliográficas.

   Non me sorprende, así pois, a presenza por partida dobre de Celso Emilio Ferreiro neste blogue, representado no poema “Epitafio sin sepulcro” e, mais recentemente,  pola composición “Letanía del Opus Pus”, que se rescata da antoloxía poética complementaria ao estudo biográfico-literario que publicou Xesús Alonso Montero no ano 1982 na editorial Júcar, libro do que hai pouco falei nesta bitácora. Deixo aquí a ligazón ao poema e reprodúzoo a continuación pois é un modélico exemplo de verso aliterativo baixo unha modulación sarcástica na que o poeta de Celanova era insuperable:

Letanía del Opus pus

Opus, pus, pústula postulada,
pócima parásita pestilenta,
pecunia purulenta, plutocracia,
pacto secreto, pocilga programada.

Opus, pus.

Peleopolítica,  peaje putrefacto,
protervo plan, pulpo, plusvalía,
punción punible, pábulo, parodia,
pedorro palote, pipí planificado.

Opus, pus.

Pálido pupilo, patria palafita,
pene pazguato, papirote pedáneo,
pirata, patulea, pantomima,
pazpalurda, pamema, paparrucha.

Opus, pus.

Patada parroquial, pezuña pontificia,
pícaro puto, pérfido, piara, purga,
pro domo sua, también.

Opus, pus.
Amén.

(A  presenza de textos en lingua galega neste blogue redúcese a un único mais extraordinario poema de Chus Pato, titulado “Certo, é posíbel estar namorada dun obús“, tirado de Nacer é unha república de árbores (Cumio, 2010). Agardo que no futuro os poemas na nosa lingua neste blogue sexan moitos máis.)