Poesía de Celso Emilio Ferreiro na voz da mocidade (vídeos) (Novas CEF XLIII)

Desde o CPI Campolongo, en Pontevedra, chégame un “Longa noite de pedra” recitado na linguaxe de signos.

     Asemade, vía Carta Xeométrica, coñezo dous vídeos máis: no primeiro, gravado con teléfonos móbiles, intervén  alumnado e profesorado do IES Fontem Albei e segue, como elemento unificador, o poema “Contribución ao plan de desenvolvemento económico” que viu a luz na revista Vieiros (nº 2, México, 1965), ao que se lle suman outros versos do poeta no ano do seu centenario.  Por último, no IES Elviña ofrecen unha gravación que recolle os actos de homenaxe que lle tributaron ao poeta con versións musicais de senllos poemas: “Deitado fronte ao mar” e “Viaxeiro”. Velaquí as tres: unha bóla de neve que non cesa!