Xigantes ou ananos? Xornada Celso Emilio Ferreiro (Novas CEF LI)

O Consello da Cultura Galega organiza, para mañá día 24 de maio, unha xornada de debate baixo o título de “Xigantes ou ananos?” na que se falará sobre a emigración galega ao fío do centenario de Celso Emilio Ferreiro. Quen idearon a xornada quixeron contar comigo e  achegareime alí para ofrecer un repaso biográfico baixo o título de “Celso Emilio Ferreiro: unha biografía político-intelectual” no seo dun interesante programa. Desde aquí animo ás persoas interesadas a participar nestas xornadas e, abofé, a constancia da miña gratitude polo convite.