Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no IES Valadares (Vigo) (Novas CEF LII)

Este pasado 21 de maio celebrouse no IES Valadares (Vigo) unha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro por mor do centenario do seu nacemento. Alén dun recitado de poemas a cargo de parte do alumnado do centro, Luís Ferreiro departiu co auditorio sobre diversos aspectos biográficos do seu pai e inaugurou un novo espazo de lectura dependente dos dous clubs de lectura existentes (“Lendo no Galiñeiro”). Velaquí algunhas fotografías desta emotiva xornada.