Baixo a coordinación do profesor Xavier Castro, o concello de Noia organiza un curso centrado na figura de Celso Emilio Ferreiro que se celebrará do luns 4 ao venres 8 de xuño na casa da cultura “Antón Avilés de Taramancos”. O curso oriéntase, segundo os organizadores, cara ao profesorado en activo, aínda que tamén se abre cara a persoas coa titulación requirida pero que non están en activo. Deixo aquí o programa.