"Monólogo do vello traballador", fabuloso vídeo-poema (Novas CEF LIII)

No seo do recital poético “Ergueremos a esperanza”, que se celebrou na Universidade de Deusto o 26 de abril de 2012 co obxectivo de celebrar o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, Andrea Nunes, Lorena Souto e mais Mario Regueira presentaron esta extraordinaria montaxe audiovisual baseada no poema ferreiriano “Monólogo do vello traballador” de indiscutible actualidade, tanto onte coma hoxe,  acompañándose aquí do recitado dos seus versos, con música e imaxes cinematográficas acaidamente escollidas. Ao meu ver, unha das achegas máis salientables deste xénero entre as que coñezo neste ano do centenario. Parabéns e beizóns a quen o idearon e lle deron forma.