Onte en Muxía, da man de López Abente

Deixo aquí a ligazón a dúas completas crónicas  -a de Manuel Bragado e mais a de Miro Villar–  ás que eu teño ben pouco que engadir pois  que recollen acaidamente o que aconteceu no acto da presentación d´A narrativa mariña de Gonzalo López Abente,  desenvolta  onte nun magnífico espazo como é a Biblioteca Municipal de Muxía, lugar que acolleu a un bo número de persoas interesadas en saber máis de López Abente e desta publicación.

     Desde aquí a miña gratitude a toda a xente de Muxía que asistiu ao acto e á garimosa atención que nos dispensaron aos viaxeiros desde a Fundación Gonzalo López Abente (a foto superior, de Viki Rivadulla, corresponde a un momento do acto). Beizóns, parabéns ao responsable da edición, Suso Sambade, e moita sorte cos proxectos!