Proxecto Celso Emilio Ferreiro, no CEIP da Barqueira (Cerdido) (Novas CEF LV)

A través de Carta xeométrica coñezo este proxecto tan fermoso: unha onda máis, como sinala con acerto o responsable do devandito blogue, nesa  “marea Celso Emilio (que) non para”. Alumnado do CEIP da Barqueira puxo en marcha un traballo multidisciplinar no que saliento esta xeitosa e didáctica “entrevista” a Celso Emilio e mais esta versión rapeira de “Deitado frente ao mar”, gravada polo propio alumnado de 3º ciclo e que incorpora propostas artísticas realizadas na materia de Plástica. Dá xenio  ver cousas así! Grazas.