En 1984, tras recibir o Goncourt pola novela O amante, Marguerite Duras concédelle unha entrevista ao xornalista Bernard Pivot para o programa Apostrophes. Teño para min que é un documento extraordinariamente interesante, tanto polas atinadas preguntas como polas respostas da Duras, algunhas delas antolóxicas. O programa contabiliza un total de setenta minutos que se poden consultar aquí en oito partes. Deixo abaixo a primeira destas gravacións.