Homenaxe poética a Celso Emilio Ferreiro no IES Valadares (Vigo) (Novas CEF LVI)

O coordinador do EDLG do IES Valadares (Vigo) e compañeiro en tarefas docentes, Xoán Gulías, deu a coñecer un magnífico traballo que realizou, cámara en man e tras moitas horas investidas, coa totalidade da comunidade educativa na que traballo, implicando no proxecto a alumnado, profesorado, pais e nais e  persoal non docente, xunto con Luís Ferreiro, fillo de Celso Emilio, que tamén leu o poema “Compromiso” co se abre este vídeo. Ao meu ver, e aínda que talvez non sexa ecuánime por razóns que son doadas de entender, coido que é unha achega moi meritoria e singular para este ano do centenario. Beizóns!