Campaña de RIF para a promoción da lectura

Vía blogtailors chego á información dunha campaña publicitaria en defensa do libro e da lectura da xente máis nova, en especial a máis desatendida, a través da asociación estadounidense sen ánimo de lucro “Reading is Fundamental” (RIF), que leva traballando desde os anos sesenta nos devanditos ámbitos. A canción que acompaña ás imaxes -todas elas facendo referencia a algúns clásicos da literatura infantil e xuvenil- producírona The Roots e conta coa colaboración de Black, Chris Martin, John Legend, Regina Spektor, Jim James, Nate Ruess, Jason Schwartzman, Melanie Fiona, Carrie Brownstein e Consequence.