Catro alumnas de 1º de Bacharelato do IES “Castro Alobre” de Vilagarcía de Arousa (Inés, Ainhoa, Irene e Loaira), baixo a coordinación da profesora Carme Moure realizaron este coidado e artístico vídeo para conmemorar o centenario do ano Celso Emilio Ferreiro, baseándose no célebre poema dedicado a Moraima. Moitas grazas (vía trafegandoronseis).