Vía blogtailors sei da experiencia inaugural dun novo selo editorial portugués chamado Limão Edições, que bota a andar cun libro titulado Sardinha, coa singularidade de que se venderá tan só ao longo deste mes nos espazos públicos e mais na rede. Acaeríalle o célebre refrán de “polo san Xoán a sardiña molla o pan”, e se é cun libro ao lado moito mellor.