Aelita Andre

Sorpréndeme este caso dunha suposta nena prodixio que xa chegou a expor nunha célebre galería norteamericana como é a Agora Gallery. O seu nome é Aelita Andre, ten xa web de seu e chegan a comparala con Jackson Pollock. Algo prodixioso parece ser tamén o prezo ao que venden os seus cadros pois ao que parece as técnicas de mercadotecnia funcionan, no seu caso, á perfección. Pregúntome se é lícito sometela a todo este circo publicitario, con cinco anos de idade,  chegando mesmo a protagonizar vídeos que a amosan en plena actividade artística: