Un mapa literario interactivo do Reino Unido e Irlanda

The Guardian, xunto coa National Book Tokens,  lanza un suxestivo e interactivo mapa literario do Reino Unido e mais Irlanda. Nel atópanse librarías, espazos literarios de interese para visitar, eventos e un longo etcétera de información para quen queira viaxar nas vacacións, ou cando se poida, deixándose levar por este roteiro literario e libresco. Sería complexo facer aquí algo semellante? (vía blogtailors)