Coñezo e trato algunhas escritoras e escritores, supoño que algo natural derivado destas lideiras da crítica literaria, que me leva ocupando xa hai algúns anos. Outra cousa é a amizade, por suposto, que tamén manteño con algunhas persoas deste ámbito, nalgúns casos ben antes de que se estreasen como prosistas, ensaístas ou poetas.
Talvez por esta sexa a razón pola que non me resulta moi estraño ver estas imaxes de autores e autoras en poses pouco habituais. Teño para min que estas fotografías, tiradas maioritariamente desta web, por seren pouco habituais ou inesperadas, se cadra acaban por erixirse nas que máis e mellor lembren os lectores: as de Suso de Toro cun can e lentes escuras, Manuel Rivas coa flor do toxo, Celso Emilio disfrazado de indio, Avilés de Taramancos como cazador de xaguares ou as de Xurxo Lobato ao pé das escaleiras…, quen non as lembra?
Velaquí deixo algunhas que me suscitaron este apuntamento, por esta orde: Susan Sontag (Annie Leibovitz), Proust (1892), Ernest Hemingway (John Bryson en Ketchum, Idaho, 1959), Collete (1912) e Virginia Woolf, vestida de princesa abisinia (á esquerda, foto de Antonio Zazueta, 1910).