Tócame de preto a sorte dun familiar, Luis Rafales, sobre o que recaeu o peso da historia. Confinado, inicialmente, nun campo de concentración en Francia polas súas ideas republicanas foi daqueles que deportaron a Mauthausen, onde acabaron coa súa vida. O xoves 26 e mais o mércores 27 de xullo, no Concello de Ares, un conxunto de institucións, concellos da zona e asociacións renderalle unha homenaxe colectiva xunto con outras vinte persoas que sufriron aqueles días de inferno e que procedían ou viviron en Ferrolterra.
El foi dos que xa non volveu. Parabéns a quen fai posible este recoñecemento e alí estaremos.