Manuscritos: Xosé Neira Vilas

Aqueles anos do Moncho, de Xosé Neira Vilas, publicouse en Akal no ano 1977 mais a súa proxección gañou enteiros ao se dar a coñecer, en 1989, nunha proposta anotada e prologada con fortuna por Xosé Manuel Enríquez, no seo da Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais.

     O autor de Gres afirmou en diversas ocasións que, entreverado con abondosas doses de ficción, é neste libro onde o peso do autobiográfico resulta máis palpable. Para min supón unha regalía incorporar esta mostra manuscrita da segunda páxina do orixinal por cortesía do propio autor.