Agradézolle a Praza Pública a reportaxe que, baixo o título de <<As letras de primeira man>>, describe e recolle con agarimo a iniciativa que botei a andar hai algúns días no seo deste blogue. Parte esencial do seu atractivo ou posible éxito radica na xenerosidade de quen está detrás das primeiras portas nas que petei: case na súa totalidade se abriron e acolleron a solicitude con entusiasmo. Seguirei petando en máis, abofé. Moitas grazas.