Onte, logo dun intento frustrado, fomos á vila de Ares e visitamos a escultura de Miguel Couto: unhas simbólicas vías de tren que sinalaban o camiño, estación término para moitos, que conduciron a moitos galegos ao campo de concentración alemán e que, ergueitas agora, soben ao ceo como unha escaleira que é un berro contra a ignominia; neses chanzos quedan os nomes dos veciños da comarca de Ares e arredores que foron internados e moitos deles asasinados en Mauthausen. Xustamente no chanzo ou na trabe esnaquizada o nome de Luis Rafales: un familiar de noso que xa non volveu. Beizón a quen fixeron posible esta iniciativa pois estou certo que faltan aínda por facer moitas escaleiras ao ceo semellantes no noso país: un exercicio de memoria democrática, sen dúbida, acaído neste 17 de agosto mais tamén todos os días do ano.
Deixo aquí os nomes de todos e os seus lugares de orixe: Ares Arias, Víctor Manuel (Ares), Casal Chao, Juan José (Fene), Castiñeiras Díaz, Joaquín (Ortigueira), Criado Gabeiras, Vicente (Ferrol), Cendán Rodríguez, Antonio (Ferrol), Fernández García, Manuel (Mugardos), García Seoane, Pastor Ramón (Ferrol), Gómez Iglesias, Francisco (Miño), López Castro, Félix (Ferrol), López Yáñez, Alfonso (Ortigueira), Montero Cotos, Francisco (Mugardos), Morgade Feal, Jesús (Mugardos), Pardal Pouso, Marcelino (Ferrol), Pena Losada, José Andrés Mugardos), Pereira Pérez, José ( Mugardos), Pontes Palmeiro, Manuel (Ferrol), Rafales Lamarca, Luis (Ferrol), Romero Rebón, Carlos (Ares), Sanmartín Fernández, Bernardo (Monfero), Villar Piñón, Manuel (Cedeira) e Permuy Pérez, José Manuel (A Capela).