Manuscrito e vídeo: Mark Twain

A figura literaria de Mark Twain goza, desde hai tempo, dun espazo predilecto nas miñas preferencias como lector, ademais hoxe en día dispoñemos de varios títulos seus vertidos ao galego, e algúns deles ben recentes.  Presento aquí hoxe o limiar manuscrito á súa novela The American Claimant (1892) [vía], protagonizada por un científico excéntrico e escrita en clave humorística. Engado primeiramente uns apuntamentos manuscritos do autor que barallaba para titular algunha das súas obras [vía]. Por último, pódese ver un vídeo, a meu entender, ben curioso: un ano antes do seu falecemento Thomas Edison gravoulle estas imaxes na súa casa de Redding (Connecticut), que constitúen o único filme coñecido, loxicamente mudo, no que aparece Mark Twain.