Manuscrito e caderno de notas: Charles Darwin

Reproduzo abaixo unha listaxe de lecturas de Charles Darwin  e mais un dos seus cadernos de notas aberto na páxina na que especulaba sobre as orixes das especies.

      Charles Darwin comezou co hábito de empregar cadernos de anotacións de pequeno tamaño  mentres  navegaba como  naturalista a bordo do HMS Beagle. Ao explorar a costa de América do Sur encheu  quince cadernos de campo con observacións sobre temas como a zooloxía, a botánica, a arqueoloxía e a lingüística; apuntou referencias de latitude e lonxitude, plasmou lecturas barométricas, de temperatura e sondaxes de profundidade; bosquexou mapas e engadiu  información de carácter máis pñrivado como cousas que había que mercar ou información sobre a situación da súa economía.

       Ao seu regreso, continuou desenvolvendo as súas teorías nunha serie de cadernos marcados con las letras del alfabeto: A, B, C, D e así sucesivamente, que permitiron coñecer as  preguntas que quería responder, as especulacións científicas que ideaba ou aqueles libros que lía ou que quería ler (como se ve na nota manuscrita reproducida). Abaixo engado, ao meu ver, un interesante vídeo de carácter biográfico.

       Non adoito dedicar apuntamentos da bitácora mais, rompendo o costume, desta vez vai  para as biólogas e biólogos que escriben ficción en lingua galega. Nas súas obras sempre aprendín moito do que é a literatura e mais a vida.