Manuscrito: Vicente Araguas

Vicente Araguas franqueoume as portas da súa memoria, hai por volta dun ano e medio, nunha xélida tarde mesetaria, xunto con Luís Ferreiro, á calor da cafetaría madrileña “Van Gogh”, negocio que desterrara  a denominación de “Galaxia” ostentado anos atrás, talvez para facer esquecer que aquel fora o espazo onde  uns militares deseñaran un golpe de estado en 1978, finalmente frustrado.  Foron horas aquelas nas que Araguas acendeu as faíscas da memoria, que tan  ben compartimenta e que tan excelente e xenerosamente partilla, sobre todo cando requiría información sobre aquel Celso Emilio Ferreiro que el leu, cantou e coñeceu.

         Mais esta sección fala de “manuscritos” e, logo de lle solicitar unha mostra, envíame unha composición poética, creo que inédita ou cando menos realizada ad hoc para esta bitácora e única na forma que me chegou: un haiku, redactado no reverso dunha postal e que recibín hai algúns días. Velaquí o seu  <<Haiku en Coruña>>: