Manuscritos: José Saramago

Non hai moito escribín aquí sobre Saramago, ao fío de atopar na rede a segunda entrega da revista da Fundación que preserva o seu legado. Desde aquela até hoxe atopei no meu arquivo unha saudosa fotografía que reproduzo arriba: foi tirada, talvez por un amigo, na Facultade de Filoloxía de Compostela, no ano 1989,  Saramago no centro, Pilar Vázquez Cuesta á dereita e quen isto escribe á esquerda.

     O manuscrito que aquí presento corresponde á súa obra Claraboia. Texto de curiosa intrahistoria e publicado non hai moitos meses: a editorial á que Saramago  llo presentara corenta anos atrás solicitoulle que o recollese, coa intención de tratar sobre a súa previsible  publicación. O autor de Azinhaga, que non fixera copia daquela novela, foi ás présas recollela sen dar lugar a ningún tipo de negociación. A novela escribíraa cando contaba con 31 anos e non quixo que vira a luz mentres vivise por sentirse humillado  ao non recibir,  xamais, unha resposta daquel selo editorial no que depositara a súa confianza.