Escolas abandonadas

Coñezo ben de escolas galegas abandonadas, as célebres escolas de ferrado, as financiadas polos indianos ou aqueloutras denominadas unitarias, fundamentalmente en zonas do interior de Pontevedra e mais en Ourense. Moitas delas foron adquiridas con posterioridade, restauradas e destinadas a outras funcións. Outras son fieis testemuñas, aínda,  do implacable paso do tempo. Lembroume todo isto unhas fotografías de escolas ou centros superiores de ensino que foron abandonadas en diversas partes do mundo e que reproduzo escomadas aquí:

L’école de médecine vétérinaire, en Bruxelas, Bélxica.

Dúas escolas en Pripyat, Ucraína.

The Lambertville School, en Lambertville, Nova Jersey.

The Lillesden School for Girls, Reino Unido

Universidade do Val Benoît en Liexa, Bélxica.

[vía]