Manuscrito: Diego Giráldez

Esta sección, está aberta, en boa lóxica, a todas as voces, non só a aquelas  xa máis ou menos contrastadas dentro do noso sistema literario, ou fóra del. Nesta ocasión presento aquí un borrador do comezo dun dos relatos dun libro aínda non publicado, mais respecto do que teño a convicción de que non ha tardar en atopar casa editora. O autor, Diego Giráldez  (O Porriño, 1976), traballou como xornalista e, na actualidade, é colaborador da edición galega de El País e no medio dixital Praza Pública, ademais de dirixir  unha axencia de comunicación e responsabilizarse do  blogue Economato Pekín. Ten xa diversos libros publicados, dirixe a revista de historia local “Malladoura” e codirixe o “CanZine”, publicación oficial do Festival de Cans. Desde o punto de vista da creación literaria en 2010 gañou o premio literario José Saramago de relato curto.

     Este relato, que abaixo se reproduce, forma parte dun corpus narrativo  situado xenericamente a cabalo entre os microrrelatos e os relatos. Todos eles a afondar en historias apegadas á actualidade, dotadas ao meu ver dun bo pulso narrativo e eximidas de calquera envoltorio que poida adozar o seu último sentido, sempre crítico e marcado pola ironía. Moita sorte, Diego!