Kuentalibros, un blogue de longa traxectoria e centrado na promoción e orientación de lecturas, realiza unhas recomendacións de lecturas para o outono e establece varias categorías: para quen comezan, lecturas desde os 12 anos, clásicos, para adultos, en inglés, libros en catalán e en galego. Nesta última sección inclúen Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, a carón da Poesía completa de Lois Pereiro, O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas e Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas. A miña gratitude aos responsábeis da escolla.