Celso Emilio Ferreiro nas XXXVI Xornadas do Ensino de Vigo

A AS-PG e mais CIG-Ensino organizan, outra volta, as clásicas Xornadas de Verán por toda Galicia dirixidas ao profesorado e persoas interesadas en xeral. Nesta ocasión, na cidade de Vigo, convidáronme a compartir algunhas ideas sobre recursos pedagóxicos na rede vinculados con Celso Emilio Ferreiro, en especial os que viron a luz este ano, e mais arredor das máis salientables novidades bibliográficas publicadas con ocasión do centenario. A miña gratitude por este convite.