Recepción de "Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro"

Nestes últimos días diversos medios ocúpanse de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. Deixo aquí as ligazóns dalgúns destes ecos como foron as reflexións do xornalista vigués Fernando Franco, a lectura que realizou Pilar Ponte (ambos os dous nas páxinas do Faro de Vigo) e mais a entrevista que subscribe o xornalista e poeta Daniel Salgado para as páxinas galegas de El País. O meu agradecemento polas súas palabras aos tres.