Tráiler do documental "25 anos de Titiricircus"

Velaquí o tráiler deste documental  “25 anos de Titiricircus”, producido e realizado por Fernando ‘Cuchi’ Carreira. Dous marabillosos minutos para petiscar o que sospeito un magnífico traballo audiovisual, e que tanto merece Tanxarina. Estrearase mañá sábado, ás 19:30 horas, no Multiusos da Xunqueira, en Redondela, no marco da presentación do libro conmemorativo Titiricircus, ilustrado por Pablo ‘O Pastor’ e editado por Kalandraka [vía].