Máis sobre "Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro"

Onte sábado, á conclusión do interesante artigo titulado “Con Bernardino Graña” que subscribe Xosé Luís Méndez Ferrín na páxinas do suplemento “El Sábado” do Faro de Vigo, o autor de Arraianos engade algunhas reflexións arredor de diversos libros galegos. Agradézolle as reflexións no que atinxe a Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro e que reproduzo abaixo:

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás (Xerais, Vigo, 2012) ofrécenos unha voluminosa biografía do poeta de Celanova, feita con rigor e na que resplandece a verdade dos feitos e acontecementos relacionados co biografado. Como este estivo no centro da política de Resistencia nacionalista, a lectura da obra saca á superficie interesantes aconteceres históricos que foran mal ou maliciosamente relatados noutras xeiras. Moi ben escrito, este libro.