Entrevista sobre "Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro" en Eirado (Tvg2)

Este pasado sábado emitiuse o primeiro programa da nova temporada de Eirado. Agradézolle a Pemón Bouzas a súa entrevista e recomendo, falando de libros, as intervencións do escritor Agustín Agra, arredor do seu Trampas de luz e de Anxa Correa sobre as novelas gráficas de Rinoceronte Editora. O programa pódese visionar premendo aquí.