Unidade didáctica dixital sobre Celso Emilio Ferreiro

Faime saber o meu amigo Xosé Aldea que Ouvirmos xa fixo entrega á administración educativa do material que inclúe senllas unidades dixitais sobre Celso Emilio Ferreiro para o seu emprego nos centros de ensino galegos de primaria e mais secundaria. O proxecto, ao meu ver novidoso e dou fe que moi traballado,  foi ideado e producido polo selo lugués coa colaboración da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Nela traballou, no que se refire ao desenvolvemento web, Horacio González Diéguez e particularmente tiven a sorte de achegar os textos e a suxestión dalgunhas actividades que aí aparecen. Nesta ligazón hai máis información sobre as unidades, que están accesibles para primaria  premendo aquí e para secundaria aquí. Tamén aparece xa comentada en Código Cero.