Manuscritos: Fina Casalderrey

Pasou por aquí Fina Casalderrey non hai moitas datas e aceptou con amabilidade incorporarse a esta sección de “manuscritos”. A autora, que se cualifica  como “moi analóxica” e que confesa ter aínda un boa cantidade de manuscritos auténticos, ofrece aquí o da primeira versión  escrita a man de A Pomba e o Degolado, concretamente un fragmento do capítulo dezanove. Agrádezolle a escolla representativa dese título que, particularmente, tanto me axudou, e con garantías, en campañas da promoción da lectura.