Kalandraka, premio do Ministerio de Cultura ao mellor labor editorial

Coñecín hai poucos minutos a nova do galardón que o Ministerio de Cultura outorgou, na categoría de mellor labor editorial, á editorial Kalandraka. Os meus parabéns a todo o equipo editorial polo todo o que significa este premio, polo recoñecemento que supón ao espléndido traballo desenvolto durante máis de unha década e pola achega simbólica que atesoura este galardón para a saúde do libro  galego en particular.