Presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro en Pontevedra

A cidade de Pontevedra xogou un papel fundamental na vida de Celso Emilio Ferreiro e da súa familia. Nesta cidade nacéronlle tres dos seus catro fillos; nesta cidade incorporouse á vida cultural e literaria colaborando en numerosas revistas e xornais; nesta cidade apoiou con convicción o proxecto “Benito Soto” de poesía entre outras moitas actividades. Por  estas, e outras  razóns, cumpría estar en Pontevedra con este libro.  O meu agradecemento á editorial, ao Ateneo de Pontevedra como entidade colaboradora onde teño tantos amigos e ás persoas que me acompañarán este vindeiro xoves na Casa das Campás.

O ATENEO DE PONTEVEDRA e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

comprácense en convidalo/a á presentación do libro:

 Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro

de Ramón Nicolás

 O acto, que contará coa participación de Xesús Constela, Luís Ferreiro, Manuel Bragado e Ramón Nicolás,

terá lugar o xoves, 18 de outubro, ás 20,00 horas,

no Salón de Actos da Casa das Campás,

rúa de Don Filiberto, 9-11 en Pontevedra.