Manuscrito: Xavier Queipo (I)

Xavier Queipo recoñece que conserva máis de medio cento de cadernos de peto, onde vai anotando ideas, fragmentos de escritos, plans de traballo e apuntamentos que alicerzan os seus proxectos literarios. Por cortesía do autor de Extramunde  vai nesta primeira entrega un manuscrito que remite a unha páxina dunha novela en proxecto que evidencia o proceso de “work in progress” que o autor adopta: un continuo discursivo moi traballado que se alimenta de insercións e subtraccións até atopar a versión máis acaída.  En posteriores apuntamentos incorporaranse á sección outras manifestacións manuscritas do autor (a foto superior de X. Queipo é de Ce Tomé).