Baixo título de “‘Longa noite de pedra’ non encaixou con parte do establishment galego da época” Praza pública reproduce parte dun longo diálogo que mantiven con Montse Dopico ao fío da publicación de Onde o mundo se chama Celanova. A miña gratitude á xornalista e ao medio que acolle a entrevista, que se pode consultar premendo aquí ou aquí.