Manuscritos: Estíbaliz Espinosa

Práceme traer a esta sección a Estíbaliz Espinosa, que achega un  manuscrito recente dun poema titulado “monogamias sucesivas en andeis de ikea” que se pode atopar no blog …mmmm…, premendo con ganas, como di a autora,  aquí.
       A autora de Zoommm. Textos biónicos apenas escribe a man e, de feito, este poema que se reproduce abaixo escribiuse a ordenador e logo a man. Conserva, iso si,  moitos manuscritos de antes dos 17 ou 18 anos: contos, novelas e poemas a man que nunca foron pasados a máquina nin a ordenador… Trátanse de manuscritos reais e non “un chisco impostados e a posteriori” como sinala a autora. Malia a impostura évos ben  fermoso.