Manuscrito: Francisco X. Fernández Naval

No ano 2006 Francisco X. Fernández Naval, Camilo Franco e mais Alfonso Costa viaxaron a Níxer con Acción contra a Fame (ACF), organización da que formaban parte. O proxecto, daquela, consistía en desenvolver unha serie de accións de sensibilización para chamar a atención sobre a crise alimentaria que afectaba a varios centos de miles de persoas.

      Camilo Franco e mais Francisco X. Fernández Naval enviaron crónicas a diversos medios e apareceu un libro homónimo en Edicións Xerais no ano 2010. Costa, ademais, realizou unha carpeta de gravados que ofreceu como doazón a ACF e mais organizou unha exposición coas fotografías  daquela experiencia. Aqueles gravados centrábanse en corpos e rostros e estes últimos foron faísca de xerou este poema de Fernández Naval titulado “Esa luz”  e que abaixo, por cortesía do autor, se reproduce. Un texto que, segundo confesa quen o ideou: “mantívose no tempo tal e como resultou do seu primeiro impulso, cousa que case nunca sucede” e que incluiría, finalmente, no libro Suite Dublín e outros poemas (Follas Novas, 2011). [Fotografía do autor: ©maribel longueira]