Epitafios literarios (e 2)

Continúo hoxe con algúns dos epitafios que quixen traer aquí, ao fío doutros que se recolleron  nun apuntamento previo. Este primeiro non ten nada de literario, apenas o nome do falecido e a data da morte, pero ben merece estar aquí pola súa emotividade: trátase da traslación á pedra dun apuntamento rápido que Alexandre Bóveda redactou, segundo indica o seu biógrafo Xerardo Álvarez Gallego, mentres subía ao coche que o conduciría diante dun pelotón de fusilamento na Caeira.

       Nas lápidas actuais de Rosalía e Pondal, a primeira no Panteón dos Galegos Ilustres e a do segundo no cemiterio de San Amaro rezan mensaxes máis concisas: “a que foi groria da sua patria”  e “aquí jaz o cantor da raza galega”, respectivamente.

    Curioso resulta, por exemplo o texto que se sitúa a carón da lápida do mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro: unha composición do autor de Cantares gallegos, poeta de fondas conviccións liberais e republicanas.

     Significativo é o epitafio da tumba do poeta inglés John Keats, que reza algo así como: “Esta tumba   contén todo o que era mortal, /  dun mozo poeta inglés, /  Que, / no seu leito de morte, na amargura do seu corazón, / diante do malicioso poder do seus inimigos / desexou / que  estas palabras fosen gravadas na súa tumba de pedra: / Aquí xace alguén / cuxo nome se escribiu en auga”, redactado polos seus amigos Joseph Severn e Charles Armitage Brown, que quixeron acompañar a vontade do amigo poeta cunha aclaración que fixese referencia ás dificultades que sufriu en vida para difundir a súa obra literaria.

        Conclúo xa cunha fotografía tirada no cemiterio de Montparnasse onde repousan os restos de Cortázar, xunto a Carolina Dunlop, cunha sinxela referencia ás datas de nacemento e morte. O propio Cortázar, en Último round deixou escrito un poema titulado “El poeta propone su epitafio” que, como se ve, non aparece na súa lápida pero déixoo aquí abaixo (nesta ligazón encérranse outros epitafios máis, coas súas pertinentes explicacións, de Dickinson a Shakespeare, pasando por Heminghway ou Voltaire entre outros).

 Por haber mentido mucho ganó un cielo
mezquino, a rehacer todos los días.
Por ser traidor hasta con la
traición, lo amaban
las gentes honorables.
Exigía virtudes que no
daba
Y sonreía para que olvidaran.
no vivió. Lo vivían, un cuerpo
despiadado
y una perra sedienta, Inteligencia.
Por no creer más que en
lo bello, fue
basura entre basuras,
pero miraba todavía el cielo.
Está muerto, por suerte. Ya andará
algún otro como él.