Antoloxía poética de Celso Emilio Ferreiro en ruso

A bóla de neve que é este Ano Celso Emilio Ferreiro non se detén. Agora, no que se refire ás traducións da obra do poeta celanovés, o Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo publicou, hai escasas datas, unha  antoloxía bilingüe ruso-galega ao coidado da profesora Elena Zernova, contando coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Esta escolma, precedida por un limiar da investigadora rusa, contén máis de cincuenta poemas de Celso Emilio Ferreiro. Deixo abaixo senllas mostras deste importante traballo.