Manuscrito: María Canosa

Hai alguns días ocupábame de Acuario, o último libro polo de agora de María Canosa: un poemario para a infancia sobre os habitantes do mar, como se pode advertir no poema titulado “Lura”  que a autora cedeu para reproducirse aquí,  xunto cunha fotografía dese caderno  onde foi orixinalmente escrito.
Á autora, agás as colaboracións xornalísticas que van directamente en computadora  e textos máis longos que van medrando en soportes de maior tamaño,  escribe a miúdo en cadernos de peto, polo xeral a lapis e case sempre con páxinas en branco sen pautar co que, segundo a autora, se gaña en liberdade creativa.