O Foro de debate marinense “Portocelo” organizou un acto de recoñecemento á figura de Celso Emilio Ferreiro neste ano do centenario do seu nacemento. Baixo a forma de conferencia-coloquio celebrarase mañá venres, ás 20 horas, no Museo Municipal Manuel Torres de Marín. Será un pracer visitar Marín para participar nese acto, no que tamén intervirá a profesora Ana Acuña Trabazo. Grazas pola invitación.